
Hoxe celebramos no cole o día da Paz, con motivo do aniversario da morte de Mahatma Gandhi.
Durante esta semana os nenos e nenas de infantil estivemos traballando no mural da Paz coa axuda dos nosos compañeiros/as de Educación primaria. Aprendemos unha canción con mímica, fixemos unha cadea de mans de cor branca (que colocamos polos corredores do noso cole) e coloreamos varias pombas para adornar as nosas aulas.
Despois do recreo, todos os nenos e nenas saímos ao patio cuberto para cantar a nosa canción, fixemos unha solta de globos brancos (nos que deixamos varias mensaxes facendo referencia á tolerancia, o amor e á Paz).
Para finalizar o acto soltamos unha chea de pombas. Pásamolo moi ben, aínda que o tempo non nos acompañou.
